Invito ao "señor" Fumega a...

5, Abril 2023

Este luns o señor Fumega veu a dicir á Cope, que o proxecto da Rúa Ourense xa contaba a día de hoxe co crédito presupuestario total, contravindo o que especifica a propia lei (os concellos aínda non teñen capacidade lexislativa, se así fose tería que sacar unha lex superior, lei de si Fumega di que si é si que actuaría como Carta o que me saco da Manga, e que sería asimilable á nosa Carta Magna como lei de rango superior, dementres teremos que entender que hai una Ordenanza de si Fumega di que si é si).

Entón, invito a Fumega a que sinale ónde se encontra ese crédito orzamentario. Pra facilitarlle o traballo déixolle aquí todas as liñas de actuación da Confederación na provincia de Ourense

https://www.chminosil.es/es/chms/actuaciones/listado-de-actuaciones

Así mesmo déixolle os enlaces de todos os orzamentos da Confederación Hidrográfica do MeS

https://www.chminosil.es/es/chms/informacion-de-interes/datos-economicos...

Lembrarlle ao señor Fumega que a CHMS é unha institución de dereito público (non se trata dun cortixo privado) e ten que someterse ás obrigas de transparencia e bo goberno. A día de hoxe non figura por ningures esa dotación presupuestaria, polo que entendo que é unha proxección quimérica do señor Fumega.

Se o señor Fumega é capaz de sacarme do erro agradeceríallo, porque non atopo por ningures esa dotación. Non teño nada persoal contra o señor Fumega, máis ben o contrario. Entrecomillo o de señor como trato protocolario ao alcalde porque critico a Fumega como alcalde e non como persoa. Se é persoa e se ten persoalidade (condicións aptitudes). A persoalidade de alcalde é máis que criticable. No resto de persoalidades que fan ao señor Fumega suxeito activo e pasivo de relacións xurídicas e sociais, non entro porque pertencen á súa privacidade como cidadán.