Inxusto comentario sobre a foto da xornada-denuncia contra violencia de xénero

28, Novembro 2018

Hai que recoñecer que Sofía García, do BNG ,tivo a presteza de solicitar facer algo o domingo día 25,Día de Loita contra a violencia de xénero.Habitualmente cae un día de semana e ese é o día que se fai un acto cos colexios ,institutos e demais asociacións, como así se fixo tamén o luns 26.Nese acto participa unha representación de todos os partidos políticos e o protagonismo é pra sociedade civil.Ninguén persigue fotos,medallas ou cartos.No pleno extraordinario para aprobar o manifesto ninguén cobrou.Se alguén aparece en primeira fila na foto é porque a última hora decidiuse sacala todos e todas xuntos ,dado que no estrado non se collería.A propósito , en vista da  afluencia de xente que participa no acto  debería facerse nun local máis amplo.