Músicos pasados por auga

6, Agosto 2014

Vergoñento, lamentable, patético... Esas son as sensacións que como veciño do Carballiño teño con respecto ó acontecido a pasada noite no concerto de Suso Vaamonde e Xoan Porto na Praza da Veracruz.

    Non é normal que nunha actuación anunciada con tanta antelación non haxa ninguén no Concello que teña a habilidade de desconectar os aspersores que regan esa zona, e foi penoso, ver ós sufridos musicos como recibiron unha e outra vez a indesexada ducha que fixo moi complicada a súa tarefa.

    A presencia do alcalde e de algún outro concelleiro alí, non fixo senon darlle máis enfase ó ridiculo da situación, xa que se mostraron incapaces de solventar un problema tan sinxelo. E eu e moitos dos que estivemos alí, nos preguntamos, ¿qué farán logo con problemas máis serios? ¿esta é a tropa que nos goberna?.

    O dito, unha auténtica lástima e un despropósito máis dun goberno e un alcalde ós que lle chove sobre mollado.