Macromachismos e micromachismos no concello do Carballiño

9, Marzo 2018

Onte todas as mulleres da Galiza puxémonos en loita contra a desigualdade de xénero. Onte quedou claro que estamos fartas da discriminación por razón de sexo.

E penso que xa é hora de denunciar a organización patriarcal que rixe no concello do Carballiño. Non se entende que sexan os homes os únicos que cobran por adicación parcial, e total no caso do alcalde ¿acaso as concelleiras non se adican parcialmente as súas tarefas? Esto xa é micro/macro machismo.

E dentro do patriarcado machista do concello existe un caso de macromachismo alfa que consiste en que sexan os últimos que chegan os que teñan dereito a cobrar por adicación parcial. Aqueles que sexan fillos dalgún alcalde veciño, porque presúmese por xenética que serán os machos alfa chamados a dirixir o concello. Como nai, non quero que os meus fillos tamén podan ser discriminados por razóns xenéticas. Xa chega coa discriminación que sufrimos as mulleres.