Maside: Nova sede consistorial e o "Catastrazo"

15, Xaneiro 2018

Di o ínclito alcalde de Maside nunha desas propagandas nas que volve a mentir sen ningún tipo de vergonza, que o superávit de Maside permite unha baixada do tipo impositivo do IBI.

Entremos a analizar esta tomadura de pelo. O primeiro que se lle debería pedir á xornalista que traslada a propaganda do alcalde é un chisco máis de rigor. Que se lle cole unha foto dun edificio eclesiástico que nin pertence a Maside, é o de menos (todos cometemos erros). Pero que non supervise o que escribe xa é outro falar. Según a xornalista, o alcalde dixo que o 31 de decembro de 2017, domingo, fixeron unha revisión dos orzamentos, e decatáronse do superávit ¿Cándo? ¿No momento en que comían as uvas? http://www.laregion.es/articulo/o-carballinho/superavit-maside-permite-r...

Bromas aparte, e tomaduras de pelo do alcalde e a xornalista, é preciso analizar o catastrazo masidao porque é un tema especialmente serio habida conta que a valoración colectiva anterior á renovación  databa do ano 86 (anterior ponencia de valores), e a renovación ou catastrazo fai que o incremento da base reguladora sobre a que se aplica o tipo impositivo sexa entre o 13% e o 20%.

"Sr: alcalde de Maside": Cando o Concello envíe as contas ao Consello de Contas, xa veremos o hipotético superávit. Mentras tanto, o que acontecerá neste ano 2018, é que os veciños de Maside irán recibindo a información da renovación catastral, que rematou o 30 de novembro de 2107, Facenda irá informando do aumento das bases... E van flipar.

Non, non digo que sexa a súa culpa, porque non é súa culpa (é cousa do chupasangue Montoro, que tivo a feliz idea de que sexan os penitentes os que paguen a festa de politiquillos despilfarradores e amantes dos sobres B, e outros amantes de cambalaches, clientelismo, e despilfarro a conta dos cartos públicos). O que é culpa súa é o sistemático afán de enganar e tomarlle o pelo á xente.

O que irá acontecendo neste 2018 (e non fai falla ter unha bola de cristal como a vostede lle gusta repetir nos plenos) é que o incremento da base reguladora repercutirá no IBI, pero tamén, no Imposto de Transmisións Patrimoniais e Actos Xurídicos Documentados, e no Imposto de Sucesións e Donacións. Os penitentes, aos que vostede pretende enganar coa súa burda propaganda, van flipar cando lle chegen os atrasos da parte que non prescribe nos derradeiros catro anos. E as construcciións que terán que pagar por rústica (0.3 sobre o valor catastral de rústica): establos, naves, alpendres ou invernaderos, daralles a risa cando escoiten que vostede vai baixar o tipo impositivo (cando antes non pagaban), porque además terán que pagar os atrasos.

Maside aplica un 0.6 sobre o valor catastral de urbana. Di vostede que baixará o tipo impositivo entorno a un 20%, o que deixaría un 0.48. E condicionao vostede a unhos gastos de luz e bla,bla, bla... (O que non invita ao optimismo porque mantén o alumeado público de día). Se baixa o tipo impositivo un 20%, pero a base aumentou un 20%, quedo mais ou menos como estou (se non fora porque terei que pagar os atrasos sobre o que antes non pagaba). Polo tanto, vaia co conto do superávit a outro lado.

O dito, estaremos pendientes da suposta baixada do tipo impositivo que terá que ser aprobada en Pleno nunha nova Ordenanza Fiscal. E xa veremos cando se aplica o novo tipo impositivo. Mentras tanto, recordarlle que a mentira ten as patiñas moi curtas.

¿E qué di a oposición? Faga o favor, póñalle os plenos os mércores, polo ben de Maside.