MASIDE O gran ausente en casi todo

13, Decembro 2016

Hoxe tivo lugar en Santiago de Compostela, un acto para a sinatura dos convenios dos GDR 2014-2020. Un acto ao que estaban convocados, os Gobernos Municipais de todolos Concellos que participan, entre eles o de Maside, que terá presencia no GDR 12 (Carballiño-Ribeiro). E para non variar, ningún reprensentante do Goberno municipal acudiu. Como tampouco o fixeron ás reunións previas que houbo en Leiro e as que tamén, foron convocados.

Nin estaban, nin se lles espera. O que non dirán tampouco é que para este novo GDR o Plan Leader concedeu perto de 5.000.000 millóns de Euros, dos cales quizáis, haxa algún veciño de Maside que se queira beneficiar para levar a cabo un proxecto. Mesmo o Concello como tal, pode tamén plantexar algún....pero claro, deixaron pasar por vagancia, o anterior (o GDR9) e pretenden facer o mesmo con este facendo como que non existe! Desta volta...non será así.

De calquera xeito, Goberno de Maside, non vos da vergonza? Ou estades Alcalde e Compañia moi ocupados? en qué non sabemos....