Máster Cifuentes en fiscalidade masidá: Nin unha verdade.

22, Maio 2018

Nada chico, que non te enteras. Vouche refrescar a memoria. Déixote aquí a lexislación vixente en materia de Catastro Inmobiliario.  https://www.boe.es/buscar/act.php?id=BOE-A-2004-4163 Real Decreto Legislativo 1/2004, de 5 de marzo, por el que se aprueba el texto refundido de la Ley del Catastro Inmobiliario. Como podes ver meu rei, non é Celso Fernández o que firma (fun mirar a ver se fora él porque tampouco é santo da miña devoción). Esta lei é asinada por Cristóbal Montoro (o mesmo que a aplica hoxe).

Con respecto ao IBI de 2017, os masidaos (non sei se coñeces ben este pobo) non pagamos máis pagamos o mesmo porque o IBI de 2017 devéngase a 1 de xaneiro. Pagamos o valor catastral da ponencia de valores do 89, cos coeficientes correctores de Montoro, é dicir, non veñas de listo, se pagamos máis é polos coeficientes correctores de Montoro. É no ano 2017 cando se produce a nova ponencia de valores. A empresa contratada por Montoro fai os seus traballos, e os novos valores entran en vigor no ano 2018. Cando pagaremos máis por culpa destes valores será no 2018 porque como o IBI devéngase a 1 de xaneiro, e os novos tipos impositivos aprobáronse no 2018, non poderán ser efectivos ata o 2019.

Polo tanto Jorge, o que se pagou de máis ata o de agora é polos coeficientes correctores de Montoro. O que se pagará de máis no 2018 é pola nova ponencia de valores (os que te puxeron a dedo xa poideron solicitar unha nova ponencia de valores, porque está ben que queiran estar 28 anos na poltrona, pero 38 anos sen  nova ponencia de valores é excesivo).

Polo demáis, eso de coller o toro polos cornos, eso dos petos dos masidaos, e demáis chorradas deberíades telo en conta no ano 2017, ano no que chorábades porque o alcalde non vos poñía os plenos os mércores. Se forades unha oposición un pouco decente e constructiva deberiades poñer unha moción no ano 2017. Pero non te enteras Jorge. Méteste en xardíns que non dominas, e saes trasquilado.

Non podes aplicar un tipo impositivo cando che pete ou cando che veña en gaña ( esto non é como o dos xardíns). Tes que aplicalo a 1 de xaneiro no caso do IBI, e se a un de xaneiro non está aprobado non podes.

Podes visitar as Festas de Santa Rita de Dacón, e deste modo podes despexar a mente.

Un cidadán de Maside.