Mentir por mentir non

10, Maio 2017

Boas tardes.

Escoite en directo ao alcalde de Boborás, o certo e que quixen volver escoitar a entrevista logo de ver o comentario anterior pero non a colgaron, pero para nada vexo que o alcalde quixera amañar nada. Simplemente deu a súa opinión sobre as declaracións dun tertualiano na tertulia do venres. Non se pode decir o que se di e crear rumores por que si, e aproveitando que está de tertuliano para facelo. De feito, eu que son un seguidor da tertulia porque me gusta é certo que por calquera cousa o Sr. Otero mete a Boborás no medio e sempre coa intención de deixar en evidencia a xestión do Concello. Eu que son de Boborás, recoñezo que haberá cousas que mellorar pero é que hai moitas outras nas que estamos moi ben... Vexo que no Concello hai xente implicada, próxima, agradable e traballadora que quere o ben do concello e dos seus veciños e que están conseguindo moitas cousas a pesar das moitas trabas que lles poñen algúns... O alcalde que levaba tempo sen falar é normal que se defenda e máis se son mentiras, ou medias verdades.

Un saúdos amigos da cope