Mentiras do alcalde do Irixo

6, Abril 2020

O actual estado de alarma motivado pola alerta sanitaria producto do COVID-19 trae como daño colateral directo unha crise económica de ampla dimensión que augura un largo período de recesión no campo económico e social. Esta situación non é allea aos concellos, e evidentemente dendo os entes locais terán que tomar medidas para facer fronte a esta crise.
Pero entre axudar e tomar medidas efectivas e reais a facer autopromoción persoal dista un mundo. E o segundo é o que se desprende dos anuncios que fai o señor manuel Cerdeira, alcalde de O Irixo.
É evidente que á hora de tomar medidas antes de anuncialas hai que comprobar que se poden tomar. E cando se toman, os distintos representantes institucionais teñen que saber o lugar que ocupan en cada ocasión.
Poño de exemplo a noticia que saleu na páxina web da Cope Carballiño o 22 de marzo do 2020, onde se decía textualmente: “O alcalde do Irixo reparte persoalmente alimentos entre as pesoas maiores. O 60% da poboación do municipio supera os 60 anos” e que acompañaba coa seguinte foto tan discreta:
¿En serio este señor está cumprindo con todas as medidas e protocolo sanitario para facer o reparto de alimentos, medicamentos e productos de primeira necesidade?
¿O grupo de voluntarios está sendo asesorado por persoal sanitario para proceder de xeito seguro nos repartos, tanto para esas persoas voluntarias como para as persoas usuarias do servizo?
Preguntas que deberían ter resposta “ipso facto” na nota de prensa que remite o señor alcalde e na que as mesmas brillan pola súa ausencia.
Lonxe de explicar como se está a proceder en este sentido para que se vexa que dende o concello se está a cumplir escrupulosamente co protocolo, non se especifica nada sobre esas actuacións.
En vista do exposto, ¿que sentido aparte do de autopropaganda ten dita nota de prensa coa súa correspondiente aportación infográfica? Está moi ben a iniciativa, pero as ansias por axudar non poden levarnos a actuar de xeito irresponsable e pensando que obramos ben, o que estamos a facer é poñer en risco aos nosos veciños.
Tamén me xurden dúbidas con respecto a outra nova que deu este señor. Dúbidas igual de transcedentes que as anteriores.
O 3 de abril o propio alcalde de O Irixo anunciaba que o concello aportaría unha axuda municipal para a cuota de autónomos.
Máis concretamente o concello vai axudar DIRECTAMENTE a todos os autónomos condomicilio fiscal ou que estean empadronados no municipio do Irixo, dando unha axuda do concello correspondente á cuantía da cuota de autónomos do mes de marzo.
E resulta que a cuota do mes de marzo a Seguridade Social xa a cobrou, co cal o Concello de O Irixo si pretende cumplir con esta medida terá que dar a mesma de xeito directo, en cartos. Pero resulta que pola Ley 38/2003, de 17 de noviembre, General de Subvenciones, o Real Decreto Legislativo 2/2004, de 5 de marzo, por el que se aprueba el texto refundido de la Ley Reguladora de las Haciendas Locales e algunha normativa máis, os concellos non poden dar cartos de xeito directo a persoas físicas. Eso sin entrar en materia como podería ser ¿De que partida orzamentaria salirá ese
montante económico? Hai que recordar que no Irixo ainda non teñen orzamentos para este ano 2020 e están en vigor os do 2019. Entrados xa no mes de abril, ¿que modificativo de crédito pensa facer o señor alcalde para cubrir este montante económico? E falando de iso, como xa anunciou a medida, ¿Fíxose a modificación de crédito nos orzamentos municipais pertinente para crear ese fondo de axuda?
Si é así e de haberse incoado o expediente correspondiente, ¿presenta o mesmo algún reparo da área de intervención do concello? ¿Coñécese ese expediente?
O pregunto porque na páxina web do concello non aparece nada sobre a área económica e de transparencia que debería ter de acordo á Ley 4/2006, de 30 de julio, de Transparencia y de Buenas Prácticas en la Administración Pública Gallega. 
Seguindo cos fondos que deberá cubrir ese montante económco para dar cumprimento ao anunci do señor alcalde,¿Son fonfos do remanente de tesorería? De ser así que vía con vixencia xurídica e que non presente reparos suspensivos se vai tomar para facer efectivas ditas axudas?
Moitas dudas e poucas explicacións para anunciar unha medida que vai ser de difícil cumprimento. Axudar si, facerse autopromoción e intentar quitar rédito político a base de unha situación como esta, non.