A moción de censura de Piñor

19, Xuño 2018

Este Francisco Fraga debe andar desesperado por voltar a ter nas súas máns o Concello. Debeu ser inspirado por un dos dous astronautas do Consello de Ministros, non polo de  prestixio Pedro Duque, senon polo outro astronauta que explora cada día a Lúa.

E Fraga debe andar con Sánchez na Lúa se pensa que Veciños de Piñor vai caer na trampa e permitir que Fraga, sen a decisión das urnas, teña nas súas máns os aparatos do Concello pra, por exemplo. impedir o empadroamento do lider de Veciños de Piñor, entre outras marañadas.

Non sei, Veciños de Piñor non deberían caer na trampa. Non ten sentido unha moción de censura a un ano das eleccións. É unha moción instrumental pra facerse coas ferramentas e aparatos do Concello. VP debería impedir a trampa deste concelleiro do PSOE que se está a pasar de listo, e explicar claramente por qué non apoia a xogadiña do rapaz. Outra cousa sería o propio suicidio de Veciños de Piñor.

E conste que non é que o PP de Piñor non merezca un bo rapapolvo, pero hai que deixar que sexan as urnas os que os poñan no seu sitio, tanto en Piñor como no resto.