Molestias nocturnas insoportables na rúa Tomás Mª Mosquera polos ladridos de cans

6, Agosto 2018

Os abaixo asinantes esixen aos responsables do Concello do Carballiño que tomen, de unha vez por todas e de forma urxente, as medidas oportunas para atallar a situación de desamparo na que se atopan dous cans que viven encerrados as 24 horas do día, na terraza do edificio Nº 30 da rúa Tomás María Mosquera (Calle Principal), xa que alí non residen habitualmente os donos para atendelos.

Esta situación provoca que estes animais, desesperados e estresados por estar sós e encerrados, ladren día e noite, acareando ruído e molestias continúas dende fai moitos meses a tódolos residentes da zona, abarcando incluso ás rúas colindantes nun radio de mais de 100 metros, afectando á tranquilidade, coartando sobre todo pola noite o descanso, e polo conseguinte afectando á saúde dos veciños.

Esta problemática levase repetindo día tras día, e noite tras noite, dende fai tempo, tendo en conta que xa foron avisadas as autoridades municipais do Concello do Carballiño competentes e incluso se lle leva rogado ao Alcalde en mais de dúas ocasións a través dos plenos municipais da corporación que solucione este asunto, e ningunha medida se ten levado acabo por parte dos responsables municipais para resolver esta situación sendo competencia e responsabilidade do Concello.