Morte do ferrocarril no Carballiño

15, Marzo 2013

A raíz da noticia de Fomento aparecido hoxe na que se prevén 
suprimir 26 dos 68 trens de media distancia que actualmente prestan servizo 
entre O Carballiño-Ourense o O Carballiño-Santiago, creo que é necesario 
que a nosa vila se mobiliza contra esta supresión. Primeiro foi o Talgo a 
Madrid, logo o Arco ao Pais Vasco. Cada vez querennos deixar sen máis 
servizos coa escusa de que apenas hai viaxeiros, cando a realidad é que a 
culpa da baixa ocupación son os prezos elevados do billete e os horarios 
intempestivos das frecuencias existentes na actualidade. Non podemos permitir 
que esto ocorra. O que esta claro e que non parece que o Concello pensa facer 
nada ao respecto. Primerio vendeu os terros anexos á estación para 
desmantelar a praia de vías e contruir edificios de vivendas (que por certo 
están paralizados) e agora isto. Non os podemos permitir.