Nin bipartito, nin bisagra, nin xerarquía.

3, Maio 2017

Desculpas.Son Bernardo de Alternativa Veciñal.O outro día esqueceume identificarme.Empeñase o comunicante descoñecido en atribuirnos filiacións e acordos imaxianarios.Os orzamentos 2017 do Sr. Fumega,non son os mellores por limitacións de ingresos, Lei de Axustes, demasiado peso dos gastos fixos en detrimento da inversión...o que non quita que se poida negociar co menos malo.E niso consiste a democracia.O ano pasado o PP coa abstención facilitou a aprobación e grazas a elo arranxouse a Rúa Ben Cho Sei ( boa falla lle faccía) , entre outras.Este ano en coherencia co aprobado en Pleno: Recuperación da Recadación (por unanimidade), arranxo da Avda. do Parque ate Muiño das Lousas (por maioría)... AV-En Marea votou a favor.Incluironse outras ruas que o necesitan : A Rúa/Camiño da Saleta (a que está en pior estado no casco do Carballiño), Alberto Vilanova( Centro de Saúde, Facenda ,IES Nº1 e moitos veciños), Puerto Rico( de terra), Pavillón Paco Chao-Veiga, etc.Non tema da Recadación e a xestión directa polo Concello estase a traballar:hai acordo coa empresa que vende o programa de xestión e coa actual concesionaria ,disposta a colaborar no traspaso. Haberá noticias proximamente disto e doutros acordos.Pedimos tempo.

     Non somos do PSOE. Non é habitual que este partido aposte pola recuperación dos servizos privatizados, mais neste caso, despois de titubeos,  estan cumplindo .Se o Concello senta as bases pra recaudar o xusto, sen que ninguén se escaquee e se perdan millóns polo camiño como demostraron duas auditorías , poderemos dispoñer de liquidez pra mellorar outros servizos e invertir en obras.En Marea é unha agrupación política de adscripción individual,formalmente rexistrada como partido "instrumental".O que significa que por lei tes que entrar por esa denominación.Independencia local, total.