No Irixo quero seguir mandando eu
Poucos veciños nos imaginabamos que naquel pleno do 13 de Xaneiro, da destitución ou sustitución da alcaldía do Irixo, que aquel ¡¡VIVA O IRIXO!! de Susana Iglesias , non fose un berro dende o corazón, senon que era unha boa forma de empezar para manter o sillón.
Ben sabemos os veciños que OS PLEITOS , pouco ou nada traen, e utilizar o Concello para pagar e satisfacer gastos de capriños e rencores , pouco ou nada cho imos agradecer Susana Iglesias.
Non sei ata que punto o que ti dis nun xornal pois é a realidade, hai modos de averigualo e máis cedo que tarde todo se sabe, incluso aquelo que era mellor non saber. Pero imos ver como lle explicas os veciños que tanto defendes , que o Concello teña que pagar , tasas, gastos e pica pleitos para que ti volvas sentar na poltrona.
Tiña razón a rapaza de loureiro, decindo aquelo que non xogabas limpo, pensabamos que che importaban os veciños , pero vese que o único que che importa é o sillón coste o que coste, ainda que eso perxudique máis que beneficio os teus queridos veciños.
Ainda vai ser que o señor Manuel Cerdeira vai quedar como un Santo a lado teu.