Non, non tedes razón

10, Febreiro 2017

Ante todo vaia por diante a miña admiración por cada un dos tertulianos, e sobor de todo, polos dous aos que vou criticar (espero que constructivamente). Aínda que a miña admiración por eles non deixa de ser un tema irrelevante no que me ocupa e preocupa. Porque o que critico é unha opinión determinada, estando moi de acordo con moitas outras que manifestaron.

E é que os señores Barge e Otero están errados cando din que o grupo de emerxencias non pode estar sen facer nada cando non hai emerxencias, e deste xeito se xustifique que se lle obrigue a realizar limpezas en colexios ou realizar desbroces non sabemos se en fincas de dominio público ou privadas.

Cando discrepo, gústame fundamentalo. Para elo vou colocar dous artigos do Estatuto dos Traballadores, que tamén contempla a Lei Básica do Empregado Público.

La movilidad funcional para la realización de funciones no correspondientes al grupo profesional o a categorías equivalentes sólo será posible si existiesen razones técnicas u organizativas que la justificasen y por el tiempo imprescindible para su atención. En el caso de encomienda de funciones inferiores ésta deberá estar justificada por necesidades perentorias o imprevisibles de la actividad productiva. El empresario deberá comunicar esta situación a los representantes de los trabajadores.

La movilidad funcional se efectuará sin menoscabo de la dignidad del trabajador y sin perjuicio de su formación y promoción profesional, teniendo derecho a la retribución correspondiente a las funciones que efectivamente realice, salvo en los casos de encomienda de funciones inferiores, en los que mantendrá la retribución de origen. No cabrá invocar las causas de despido objetivo de ineptitud sobrevenida o de falta de adaptación en los supuestos de realización de funciones distintas de las habituales como consecuencia de la movilidad funcional.

Polo tanto teñen que darse duas condicións pra movilidade funcional no caso do grupo de emerxencias. Razones técnicas que o xustifiquen, e polo tempo imprescindible para a súa atención. E ademáis hai que comunicar esta circunstancia ao representante do traballador. Por non falar do menoscabo da dignidade do traballador, porque se un traballador fai a sua formación para determinada función, e se lle obriga a facer limpezas, a sua dignidade vese comprometida ¿Por qué vai ter que formarse para outra cousa se o final vai facer limpezas ou desbrozar?

Semella que obrigar o GRUMIR  a desenvolver funcións que nada teñen que ver coas que lle son propias é un vicio que arrastra este goberno dende o principio, e que xa vimos no caso das limpezas a un colexio, e dos desbroces coñecidos e descoñecidos (será obriga da oposición averiguar qué se lle obriga a desbrozar).

Co señor Otero non podo poñer exemplos por non ser un traballador por conta allea ó ser autónomo, pero podo poñer un exemplo pra o señor Barge. Imaxínate Xosé Antonio, cando eras director do instituto, que o conselleiro de turno ven coa feliz idea que o tempo ocioso que teñen os directores hai que rendabilizalo, e obriga aos directores a facer a limpeza dos baños do instituto ¿Porías o grito no ceo non? E a maioría estaríamos contigo, porque tes unha formación que nada ten que ver con limpar baños ou mesmo o chan (imaxínate que é o chan o que che fai limpar o conselleiro de turno).

Como nunca fun moi bo redactando e penso que pode que non se entenda ao que quero chegar, vou facer outra pregunta ¿Por qué non fan as limpezas os nosos servidores públicos? Supoño que o alcalde cando non vai por aí a promocionar a Festa do Polbo ou a eurorexión, terá tempo pra facer limpezas ou desbrozar. Por qué non obrigalos e eles a que fagan limpezas e desbroces. E a única resposta que atopo é que pra elo están as brigadas de limpeza e a brigada de desbroces. E que nunha administración pública debe existir unha organización xerarquizada en funcións, cunha RPT que especifique cales son as funcións e as categorías de cada un. Pero claro, parece que é moito pedir unha RPT, tan só interesa cando se está na oposición. E é moito mais doado facer o que a un lle pete, total os que pagan son os penitentes.

Recapitulando: Claro que non pode estar facendo nada o GRUMIR cando non hai emerxencias, pero o que non pode é estar facendo o que nada ten que ver coas emerxencias. O GRUMIR o que ten que facer cando non hai emerxencias é detectar as posibles continxencias que podan ser causantes de emerxencias, e facer as oportunas advertencias aos nosos representantes públicos pra toma de decisións.

Unha aperta a todolos tertulianos, especialmente aos dous cuxa opinión critico. O programa é moi bo. Parabéns.