Non podo darlle a razón porque non a ten, anda moi alonxada dela

14, Xaneiro 2021

Parte vostede dunha premisa falsa, que eu teña interese en denunciar porque sexa beneficiado por ter un negocio. Asegúrolle que se eu vexo o que vostede di que viu, o mínimo que fago é chamar aos municipales ou a Guradia Civil (esto faino un cidadán responsable cando ve que se está poñendo en risco a saúde pública, por unha conducta imprudente que pode ser sancionada). Pero non facelo, e vir aquí a criticar anónimamente a toda a hosteleiría, en non entrar en razonamentoobotar aceite, con apagar a luceciña non soluciono o problema. Se vostede viu mozos irresponsables nun espazo, con eliminar ese espazo, os mozos non deixarán de ser irresponsables.

Mire, ata frijoles na intervención de onte dixo que a maior culpa desta onda a tiñan as reunións familiares, ata chegou a pedir disculpas por ter que tomar medidas sobre un sector que está demasiado farto de ser sempre o máis perxudicado, e sobre o que persoas como vostede poñen sempre no disparadeiro.

Como vostede non ten máis argumento que o das cervexas di que vostede seguirá criticando aos hostaleiros "como os demáis". Eso é puro mimetismo, é unha actitude irracional e un comportamento primitivo e rudimentario. Unha conducta de tribu.

Mes de xuño, os bares a tope, virus controlado. Mes de xullo, bares a tope, virus controlado. Mes de agosto, bares a tope, virus controlado, mes de setembro bares a tope, virus controlado (volta ao cole mediados de setembro). Mes de outubro, comeza o pesadelo, mes de novembro, pico da curva. Caída (reapertura de bares), curva controlada e estable. Mes de decembro matanzas, reunións familiares (alí non beben porque solo beben nos bares), e todos os factores de risco operando en conxunto, principio de xaneiro, volta aos centros de ensino. Día 14 restriccións á hostelería.

Ata aí feitos obxectivos. Entendo que con esas medidas, non se atreverá a botarlle a culpa a hostelería se a partir de agora seguen aumentando os casos.

Agardo estar moi errado, pero os casos seguirán aumentando. O punto de inflexión verase a finais de febreiro (mes e medio no que non poderá botarlle a culpa a hostaleiría en exclusiva).

Será difícil meterlle a vostede esto na cabeza. A culpa desto é de todos e de ninguén. Hai un virus, e hai persoas imprudentes, e son imprudentes nos bares, e en calqueira sitio (nos centros de traballo tamén, ou en calqueira espazo). E pra min rematou o conto, faga vostede o que queira, critíqueos por mimetismo, ou mesmo porque é o que lle apetece. Pero non me pida que lle dea a razón porque non a ten.