Non son reflexións son enxabonamentos ao alcalde.

12, Xullo 2023

Son da opinión que un alcalde que no Carballiño cobrase 100.000 euros sería barato sempre e cando fose un bo xestor. 

Non é o caso de Francisco Fumega, que é un pésimo xestor.

E por qué discrepo dos anteriores comentarios e os tildo de enxabonamento ao alcalde.

1) Estes plantexamentos de suba de salario hai que plantexarllos á cidadanía, que é quen paga, antes do contrado (acordo de vontates coa cidadanía). O contrato é asinado pola cidadanía o día das eleccións: Esto opera tanto pra alcaldesa de Boborás, como para o do Carballiño.

2) Pra xustificar esta suba de salarios de espaldas á cidadanía cando xa non é posible que a cidadanía se poda opoñer, paréceme unha aberración facer comparacións con funcionarios do grupo A, e moito máis insinuar que non fan nada e dicir que o alcalde fai moito. A primeira diferencia é que un funcionario do grupo A ten que pasar unhos anos da súa vida preparando una carreira superior. E despois ten que pasar outros cantos (tres de media) en superar unhas oposicións. E ten que cumplir a raxatabla o horario establecido polo estatuto do empregado público. Así que por favor, menos xabón ao alcalde, e por suposto que menos falacias contra o empregado público, e aprendamos a separalo do político, que normalmente sérvese do público e non serve ao público. 

Brevemente, paréceme moi mal que tanto a alcaldesa de Boborás como o alcalde do Carballiño fagan esta suba que non é baladí, un 25% no caso do Carballiño, de espaldas á cidadanía. Se o alcalde vale e plantexa esta suba é a cidadanía a que asina o contrato nas urnas, polo tanto o plantexamento ten que ser ex ante. E no caso do alcalde do Carballiño non ten sentido esta suba cando ten cada vez menos crédito político e unha confianza da cidadanía pírrica.