Non temos o que merecemos, temos o que votamos

10, Outubro 2020

Discrepo sobre iso de que non entendemos os datos. Decir que a maioría dos contaxios non se producen en entornos laborais é unha entelequia porque non existe ningunha evidencia científica que o avale. O Covid non distingue entre xente que está traballando ou xente que está disfrutando do ocio. Nin distingue horarios. Nin é fascista nin machista como pretende meternos con calzador a ministra comunista de igaldade (igual da oito que oitenta).

Tampouco existe evidencia que nos entornos laborais estense a cumplir estrictamente os protocolos porque tampouco é así.

Pero claro, cando estes políticos que teñen que tomar decisións e non saben por onde andan, as toman, e ven que os efectos das súas acuacións son pírricos, o máis sinxelo é botarlle as culpas á xente. Á responsabilidade da xente. Vou poñer un exemplo: O presunto experto Simón dixo no progama do seu blanqueador Calleja que dende enero traballaba 16 horas porque coñecían a gravidade do Covid. Seguridad Nacional alertou en máis de once ocasións ao Goberno sobre a gravidade do Covid, e aínda así, promocionaron o aquelarre do 8M. Xa pudemos ver algunha ministra con guantes daquela pero non advertían da gravidade. Pero claro, a culpa tamén foi da xente que de boa fe, e sen ter os datos das ministras asistiu e non tomou as medidas que elas tomaron. Nin gozaron das atencións das que elas gozaron cando algunha se contaxiou ( a Ruber é fenomenal) con desenlace tráxico pra moita xente que asistiu a ese aquelarre multitudinario.

Non me vou a extender demasiado. Non merco a falacia de que somos todos unhos irresponsables e os políticos unhos heroes porque están tomando decisións. É sinxelo colgarse medaias cando organizas unha festa, pero cando tomas decisións que é para o que está un político, estás suxeito á crítica (é o xogo político). Pero cando non fas absolutamente nada, como é o caso de Fumega, ou cando mintes, ocultas información e manipulas os datos como están a facer os ultras socialistas xunto cos comunistas, a crítica ten que ser feroz. Outra falacia que non merco é que ninguén podía prever a segunda onda (nin a primeira habida conta de que Seguridade Nacional advertía dela desde xaneiro).

E sobre nós, a cidadanía, facemos o que podemos cunhos políticos tan nefastos, e con maior ou menor responsabilidade porque de todo hai na viña do Señor.