O abuso dos alugueres dos pisos no Carballiño

11, Setembro 2020

Logo dunha tempada a mirar prezos de pisos de aluguer na vila do Carballiño, vexo que é raro atopar algo por baixo dos 370€, e chéganse, incluso, a ver vivendas por máis de 600€. Considerando que o mercado laboral (de semi-escravitude, en moitos casos) está ofertando postos de traballo con salarios inferiores a os 1.000€ (e a os 900, e incluso aos 800), sen meternos na cantidade de horas que hai que facer para gañalos, cómo cona pretenden, señores propietarios, que un traballador medio poida aspirar a alugar un piso e, por demáis, vivir dignamente?

Se ben é perfectamente lexítimo pretender obter un beneficio dunha propiedade, ese grado de especulación fai insostible un mínimo de calidade de vida para unha familia media.

Estimados propietarios, cobren prezos xustos polas súas propiedades e non pretendan vivir o resto da súa vida só a conta deso. E, se non lles dá abondo, traballen, que tamén é unha cousa moi digna.

Grazas por nada.