O "aforro" de auga de "mesié" Paco Fumega

2, Agosto 2017

Fai uns días o señor alcalde do Carballiño publicaba un bando no que facía un chamamento aos veciños do noso concello para a aforrar a auga debido á pertinaz seca deste verán. A pesar das súas boas intencións o señor Paco Fumega está a desperdiciar a auga, pois esta pasada fin de semana a rúa Principal da nosa vila foi baldeada dúas veces, así na madrugada do Sábado ao Domingo efectivos de Protección Civil baldearon esta rúa cun camión de estinción de incendios limpandoa, deste xeito, das manchas ocasionadas polos polvos de cores do festival Holi Pulp cousa que é de agradecer, xa que non é de recibo deixar manchada de cores a rúa máis céntrica do noso pobo e a Praza Maior . 

Esta limpeza da rúa Principal non lles debeu parecer suficiente aos nosos gobernantes municipais, pois na madrugada do Domingo ao Luns procedeuse a baldear de novo esta rúa por parte dunha empresa privada. Cousa que consideramos, totalmente, innecesaria, xa que ésta foi baldeada o día anterior. Chegados a este puto preguntámonos se era neceario baldear dúas veces a rúa Principal desperdiciando, desta maneira, a escasa auga da que dispomos máxime cando na actualidade estamos a padecer una prolongada seca.

Se os nosos recursos hídricos foran ben administrados dende o concello non só se aforraría auga senón tamén cartos, xa que o quedar a rúa Principal baldeada na madrugada do sábado ao Domingo non era necesario baldeala de novo na madrugada do Domingo ao Luns aforrándose, desta forma, o cosnsitorio os cartos deste segundo baldeo realizado por unha empresa privada.

Señor alcalde vostede debe se ser coherente co que fai, pois ¿de que vale invitar aos veciños do Carballiño a aforrar auga cando logo vostede a desperdicia baldeando dúas veces a mesma rúa?. A próxima vez en vez de malgastar a auga tan xenerosamente procure dar exemplo con medidas tan sinxelas como diminuir o tempo no que os apersores regan de madrugada as plantas da praza da Alameda, facer unha campaña concienciando aos cidadans da necesidade de aforrar este líquido elemento ou dando consellos aos habitantes do Carballiño para aforrar auga...ao fin e ao cabo vostede e a corporación municipal deben ser os primeiros en dar exemplo os cidadáns ¿non lle parece?.