O "alarife" de Punxín

15, Xuño 2023

escoito con tristeza o "pacto" de goberno no concello de Punxín! outros catro anos perdidos!
E parece que ao concelleiro que decidiu para que lado "se inclinaba a balanza" tanto lle dá que en Punxín se levaran perdidos 8 anos tal e como se fartaba de decir a cada oportunidade que tiña!
O Sr Eladio caracterizouse na lexislatura que está a piques de rematar por unha actitude combativa e de denuncia constante contra a inactividade do goberno;
pero oh, sorpresa! como poden cambiar os puntos de vista, sobre todo cando un se deixa deslumbrar polos brillos do que pensa que poden ser xoias, pero tan só son baratixas, (ou non se diu conta durante estes catro anos que o alcade de Punxín non ten nin unha boa palabra nin unha boa obra!)
Pero máis triste resulta escoitar a "xustificación" decir que o "PP subiu moitísimo"! Non, non subiu 50 votos!
e se bota contas dos votos que tiña o anterior "equipo de goberno" (cos votos de Cs), aída perdeu votos!
Estou seguro que se durante a campaña o Sr. Eladio houbera feito unha simple insinuación de que apoiaría ao Casalta, dubido que tivera xiquera un concelleiro!
Decepción tremenda para os veciños que esperaban que o concello saira da parálisis que atravesaba!
De atacar á inoperancia do alcalde antes, agora xa empeza a xustificar que si co concello é pequeno, o que non se fai porque non se fai, etc. etc. etc.
Aínad non se colgou os galóns, e xa obedece a voz do seu amo
O nome do partido "compromiso", quédalle moi moi grande a este señor.
Neste momento, agardo con esperanza a fusión do concello de Punxín co de Maside!
Total, visto o visto, aos veciños halle dar igual o futuro do seu concello!