O alumeado das festas "pá cuando"

10, Outubro 2018

¡¡¡Ola!!. Moi boas!!! Quixera chamar a atención sobre unha situación na que ninguén parece repara: o alumeado que se instalou para engalanar as rúas do Carballiño con motivo da Festa do Pulpo. Penso que a algún dos membros da corporación municipal carballiñesa débenlle gustar moito as luces de colores que se colocan durante as festas polas rúas e avenidas da nosa vila porque este alumeado se instalou con motivo da Festa do Pulpo e unha vez rematada esta non se retirou e se deixou ornamentando as rúas ata as Festas do Setembro e a día de hoxe, a piques de facer un mes que terminaron as nosas festas patronais, a iluminación festiva segue adornando as rúas da nosa vila sen que ninguén a retire.

De seguir así o alumeado vai camiño de seguir engalanando as rúas do Carballiño ata as Festas do Nadal sen que ninguén o retire. Non sei canto debe cobrar a empresa que alquila e coloca esta iluminación, pero que abofé que co Carballiño vaise facer de ouro polo tempo que leva o alumeado instalado. De tódolos xeitos temos que agradecer que entre festa e festa (e saio de troula porque me toca) este alumeado estivese apagado, pois de seguir encendido todo este tempo Fenosa ía a pasarlle unha boa factura da luz ao concello.

Xa se sabe que as cousas de palacio van despació e polo que se ve non hai présa, e si moita nugalla, á hora de retirar a iluminación festiva cando noutros tempos o alumeado das festas se retiraba ós poucos días de rematar estas. ¡¡Se Don Evaristo e o cabo Gil levantasen a cabeza!!...