O autobombo e fanfarria do concelleiro de cultura

26, Marzo 2017

Como consumidor da oferta lúdica e cultural que achega O Carballiño tanto dende o ámbito público como privado gustaríame aclararlle algúns conceptos ao concelleiro de cultura porque penso que non os ten nada claros.

Sr. concelleiro: Vostede non é ninguén pra determinar quén ten dereito e quén non a utilizar un espazo público pagado por todos. Se vostede, unilateralmente e arbitrariamente, decide que unha asociación non pode utilizar un espazo público, e quere vostede desterralos a outro espazo que non reúne as características máis axeitadas, pode vostede empregar as palabras valerias que vostede desexe, como esa milonga de "traballar en positivo" e bla, bla, bla... Pero a cruda realidade e que está vostede marxinando a un colectivo, que como ben di vostede, está realizando unha labor excelente, aunque vostede o diga cínicamente como ben reflicten os seus actos.

Mire vostede, os cartos públicos que vostede recibe cada mes pola sua dedicación parcial, pagados cos esforzos dos contribuintes do Cärballiño, non son pra xerar conflictos. Son pra plantexar solucións, e pra que vostede optimice os recursos. Cada vez que vostede perde unha subvención, ou cando pola sua pésima xestión se despide a un traballador que á postre os tribunais califican como despido nulo de pleno dereito, está xerenado vostede problemas onde non os hai, e facendo gala dunha nula ou pésima capacidade de xestión. Cada vez que vostede non aporta unha solución ó lamentable estado e funcionamento da Biblioteca Pública, está facendo vostede gala dunha pésima capacidade de xestión.

O que non ten vostede nada claro é que vostede non pode determinar arbitrariamente quen pode empregar un espazo público, porque vostede non é o dono deste espazo. Somos todos. E quizáis estea vostede mal acostumbrado. Pode que a sua concepción da utilización dun espazo público, sexa moi semellante á concepción que se ten nun concello que vostede coñece moi ben, o de Maside, onde un colectivo solicitou a Casa da Cultura pra unha sesión informativa, e a arbitrariedade e o sectarismo do rexente non só provocou a denegación deste espazo, senon que o propio rexidor calificou a este colectivo como un brazo político armado o servizo do PP, e calificouno así en sesión plenaria.

Espero que vostede teña persoalidade propia, aínda que o dubido, habida conta  que vostede non aistiu a unha sesión plenara na que o concello do Carballiño rexeitou unánimemente unha incineradora de neumáticos nun monte veciñal en mán común en Maside. Pregúntome se vostede sirve ó Carballiño. Pregúntome se vostede sirve ao interese xeral. Porque se é así, créame cando lle digo que vostede vai moi mal encamiñado cando a concepción da utilización dun espazo público é tan semellante á que se ten no concello de Maside.