O BNG denuncia irregularidades para formalizar a matricula na escola municipal de danza

1, Outubro 2019

O BNG do Carballiño denuncia presuntas irregularidades no proceso de formalización da matrícula nas escolas municipais de danza e teatro ante a indignación de un grupo de solicitantes.

Un ano máis atopámonos coa falta de planificación e previsión por parte da concellería de cultura na formalización das matrículas nas escolas municipais.

Ano tras ano as nais e pais dos nenos e nenas do Carballiño teñen que facer cola na porta do concello dende ben cedo para conseguir unha praza, neste caso na escola municipal de danza.

O prazo de inscripción abríase hoxe, 30 de setembro dende ás 09:00 da mañá ata ás 14:00 da tarde, así o indicaba a información facilitada polo concello.

Esta mañá eran moitos os proxenitores facendo cola na porta do concello agardando a que deran as 09:00 para inscribir aos seus fillos e non quedar sen a súa praza.

Ao mesmo tempo que este grupo de solicitantes facían cola e agardaban pola documentación para poder realizar o pago, outro grupo de pais e nais xa estaban en recadación coas inscripcións cubertas e pagando, antes de que se abrise o prazo, xa que se lles facilitou a documentación con anterioridade.

Tendo en conta que as prazas se outorgan por orden de inscripción presentando o resgardo do pagamento é evidente que alguén xoga con ventaxa, algo inconcebible nunha sociedade democrática.

Dende o BNG solicitamos que se aclaren canto antes estas irregularidades e o máis importante, que ningún rapaz quede sen a súa praza.
Todos os nenos e nenas teñen os mesmos dereitos.