O Carballiño berrou cambio xa!

30, Maio 2023

Despois de desangrarse en votos e perder tres concelleiros, que haxa xente que ainda pense que Fumega e o seu apático e apoltronado equipo é o ben do Carballiño dá que pensar. Debe ser cousa de cegueira sectárea, ou da comodidade, ou dunha macabra tentativa de tomarlle o pelo á xente.

O mellor que podería facer Fumega polo ben do Carballiño e polo PSdeG do Carballiño sería dimitir. E deixar paso a esas estrellas emerxentes como o fillo do exalcalde de Maside, o señor do SEPE, que tan ben o pasou nestas eleccións dando mítines e chamando miñocas aos seus adversarios. Este tipo de xente ten que marchar en xullo e deixar paso ás súas miñoquiñas pra que fagan carreira no partido dos Tito Berni e Cía. 

E sobre esas obras imaxinarias "de gran calado" de Fumega, é mellor calar. 

Hai xente que non entende o que di a cidadanía, pero O Carballiño berrou alto e claro cambio. E este berro será máis rotundo nos comicios de xullo.