O caso é queixarse

8, Outubro 2018

Oíamos onte ó rexidor masidao laiarse amargamente polas negativas consecuencias que para as arcas municipáis, tivo a liquidación do Consorcio Comarcal.

Se se lle deben cartos ó Concello, que por certo saen do peto de tódolos veciños, a obriga dun alcalde que se precie é facer todo o posible para recuperalos. Antóllaseme que ó mellor, en lugar de ir chorando polas esquinas, sería máis efectivo erquer os reáis da poltrona, falar con quen teña que facelo, molestar a quen sexa menester, ou prantarse na Deputación. Alí teñen a obriga de recibir a un representante unicipal e supoño que así o farán.

Anímese home. Eu aínda non vin a ninguén da Deputación cun alcalde atravesado na boca. Anque sexa de outra cor política. Tamén existen os tribunáis e co superávit que ten o Concello de Maside, malo será que non se poida pagar un servicio xurídico.

Tamén se queixaba de que a Xunta non ven retirar os niños das velutinas. Outra lastimeira apelación a non sei quén.

Resulta que calquer veciño que leva non sei canto tempo co avespeiro pendurado ó carón da súa vivenda, onde poida que moren cativos ou persoas alérxicas non se pon a discernir se a culpa é destes ou dos outros. O que quere é que lle solucionen o problema, e antes de ser atacado polos bechos, ou ben o fai él mesmo, ou recurre a quen lóxicamente teña os coñecementos e os medios apropiados para facelo.

Non hai moito publicaba a La Voz de Galicia como uns veciños de Tomiño levaban 300 niños eliminados pola súa conta, e non creo que no seu concello ninguén se rasgara as vestiduras.

Qué quere que lle diga, eu dende logo se me vexo no caso, non vou esperar a que a miña familia sufra un ataque mentras o meu alcalde se sigue a queixar por non sei qué procedemento. Eliminaréi o niño, ou chamaréi a quen sepa facelo con garantías antes de poñer en perigo a saúde da miña familia.

Pero xa se sabe que o máis doado é queixarse e botar balóns fora. 

A culpa sempre é ou dos da Xunta ou dos veciños, claro que si.

Un saudiño.