O Castro do Mosteiro

17, Xullo 2012

Esta pasada fin de semana fun a visitar a visitar ó Castro do 
Mosteiro, que foi excavado aló por mediados dos anos 80, e quedei pasmado e 
coa boca aberta ó ver o pésimo estado de conservación no cal se atopa este 
recinto castrexo. Tras a súa excavación nos anos 1985 e 1986 o castro 
quedou totalmente abandoadao e hoxe en día apenas se poden apreciar as 
partes excavadas e algunhas zonas deste xacemento arqueolóxico son 
inaccesibles pola vexetación que foi medrando tras varias décadas de 
abandono ata tal punto que hoxe apenas é visible o foxo que protexe este 
pequeno castro e a fermosa muralla que había xusto encima del. Por si fora 
pouco as árbores que crecen de forma descontrolada neste castro provocaron 
pequenos derrumbes das murallas que no seu día foron excavadas e restauradas 
e ademais en boa parte deste xacemento se atpan árbores caidas cuias raíces 
ó quedar o descuberto cando ás árbores caeron ó chan estragaron diversos 
restos arquelóxicos como recintos e muros. Penso que hora é xa de que se 
faga algo con este castro, que, por certo, é o único castro excavado dos 
tres que existen no noso concello para que se limpe a maleza que o cubre e 
impide ver as catas arqueolóxicas que se fixeron e as súas partes 
excavadas. Se este castro se limpase de vexetación na súa totaliade, se 
sinalizasen correctamente as partes excavadas con panaeis explicativos e se 
promocionase á súa visita sería un foco de atracción turística xunto coa 
fermosa igrexa medieval e o mosteiro que se conservan na aldea próxima, a 
cal tamén se atopa chea de maleza, xa que de deixar que o castro siga neste 
lamemtable estado de abandono preguntámonos de valeu a pena excavalo para 
converterse nun monte cheo de árbores de silveiras, fentos e toxeiras que o 
fan case inaccesible.