O Cine Club denuncia a falta de respecto do Concello do Carballiño cara ao seu traballo

20, Marzo 2017

Dende o ano 2010, no que se recuperou a actividade do Cine Club Carballiñocoapoio da responsable da Área de Cultura do concello do Carballiño, que facilitou en todo momento a utilización das instalacións do Auditorio municipal para as proxeccións regulares en venres, no Carballiño, e tamén en Ourense, RibadaviaouLalín, os amantes do cine saben que de setembro a primeiros de xuño, os venres no Carballiñohai cine. Esa regularidade é entendida polo actual equipo directivo do cine club como unha das claves para fidelizar ao público e facersostible a actividade. Evidentemente, en todos estes anos houboexcepcións, motivadas por diferentes eventos que puntualmente se foron celebrando no Auditorio. Comunicados con suficiente antelación (a programación do cine club péchase coas distribuidoras con ata 3 meses de antelación) e sempre de xeito dialogado para mirar de atoparunha alternativa para que esa semana en que o venresía haber outraactividade no auditorio a xente non quedara sen cine.
Esta situación de entendementovén de ser rachada de xeito unilateral por parte do responsable actual da Área de Cultura, Diego González. Fai un par de meses comunicóuselleao cine club por parte dos traballadoresdesta área que un dos venres de maioía estar ocupado por unhaactividade do Concello. Faiunha semana se llecomunicou que non un, senón 3 venresían ser ocupados polo concello. En ningún momento se prantexouunha alternativa nin se dialogou en busca dunha solución. Esta situación reduce a unha única película a programación do mes de maio do cine club e é interpretado polanosa parte como unha total falta de respecto tanto aonosotraballo como ao público que asiste ásproxeccións. Cremos ademáis que é froitodunhaactitude impositiva e equivocada, que confunde xestionar os recursos do concello (neste caso o auditorio) con telos á enteira disposición da súavontade. Froitotamén no fondo dunha ausencia de xestión e máis ben dunha improvisación constante e unha total falta de planificación, que provoca que para traer unhaactividade cultural ou lúdica ao Auditorio, hai que suprimir outraxa consolidada.
Ante o que consideramos unha falta de respecto e un desinterese por “aquelo que eles mesmos non organizan e controlan directamente”, o cine club tomou a decisión de non colaborar coconcellonasproxeccións cinematográficas de Cinemas de Galicia. Cremos que o actual concelleiro non ten ningún interese en que se leve a cabo, a pesar das súasvantaxosascondicións, xa que o AGADIC corre coa metade dos gastos da proxección das películas. Dende o Cine Club esperamos que isto non lle sirva de desculpaaoconcelleiro para renunciar a un proxecto que permitiu complementar a programación do cine club conseguindo que no Carballiño se poideran ver cerca de 50 películas ao ano nas últimas tempadas.