O Concello de Maside...¿Fará investimento público en propiedades privadas?

8, Abril 2023

Recentemente o alcalde de Maside veu cunha primicia na que sacaba da chistera un deses convenios electorais sobrevenidos a derradeira hora. Posteriormente, unha tertuliana da Cope exconcelleira do PP de Maside, reconvertida ás bonanzas do PSOE de Maside, vendeunos que este hito era algo así como a panacea, a pedra filosofal e o bálsamo de fielabrás (todo xunto) de paso que soltaba pullas contra o PP masidao, cousa que é lícita, pero inadecuada neste contexto.

Vaiamos por partes. O alcalde di que hai un convenio en que ABANCA lle cede ese esqueleto de bloques bastante deteriorado, para o uso do Concello, e que o alcalde o adicará pra vivendas socias, biblioteca, sala de ordenadores e blo, blo, blo... A tertuliana, moi enterada ela do proxecto, di que non será pra hoxe , "lóxicamente" apostilla.

Nin pra boxe nin pra mañá!!!!  Nin pra 20 anos. O Concello non pode facer inversións públicas en bens que non sexan do seu propio dominio (legalmente claro a non ser que queriran meterse en serios problemas). Un convenio, aparte de non ter natureza contractual non resolve o pleno dominio do inmoble. Tan solo existen tres figuras xurídicas para outorgar o pleno domino ao Concello: Compravenda, donación e fideicomiso (máis complexa esta figura na que o dominio pertencería ao fin social e a entidade fiduciaria podería ser o Concello.

Así mesmo o inmoble non está segregado, carece de licenza de obra, e contra o Concello segue pendiente un contencioso administrativo por non iniciar a reposición da legalidade urbanística. Os problemas do propietario colindante seguen sen solucionarse e tampouco pode o Concello facer fronte aos danos causados polos propietarios, ata que teña o pleno dominio do ben e como responsable subsidiario poda facer fronte aos gastos de reparación conforme á legalidade.

Así que tanto a alcalde como tertuliana estanse a columpiar bastante.

Rogaría que no próxima entrevista ao alcalde lle plantexedes todas estas cuestións. E que se quere a tertuliana na próxima tertulia nos explique xurídica e políticamente todas estas cuestións que con tanto ánimo quérenos vender como o bálsamo de fielabrás.

A idea das vivendas sociais e boísima, e a biblioteca e sala de informática tamén. Pero tanto alcalde como tertuliana teñen que darlle unha voltiña a este proxecto porque pola vía do convenio é totalmente inviable, por non ser posible outorgar por este instrumento a propiedade do ben ao Concello.  Así mesmo o Concello xa é propietario de varios inmobles onde serían posibles e viables estes proxectos. E lóxicamente facer un investimento público nunha entidade bancaria é un disparate. Qué dirían os de Podemos!!! Rescate á banca, blo, blo, blo... A Sexta cruxiría a Maside. (por rir un rato)