O concello do Carballiño incumpre a Ordenanza de Terrazas

29, Xaneiro 2018

Unha gran parte das terrazas continúan instaladas na vía publica a piques de rematar o mes de xaneiro ,contravindo o Artigo 4 da Ordenanza reguladora de Ocupación de Dominio Público Local que di “ “ A tempada anual(11meses) abarca dende o 1 de febreiro ao 31 de decembro” ,e máis adiante , “os titulares das autorizacións disporán dun prazo de sete días naturais para retirar as terrazas e demais elementos auxiliares”.

Esta é a normativa vixente na actualidade e que os responsables de que se efectivice están permitindo que se incumpla intencionadamente, o que pode supor un caso de prevaricación. Incumplense outras moitas disposicións desta ordenanza como pode ser a de recoller diariamente o mobiliario da terraza durante as horas que o establecemento permanezca pechado ao público , a limpeza da superficie ocupada, os horarios de apertura e peche (de 10.00 a 24.00 horas no inverno;1.30 sábados e festivos), lei de ruidos,amoreamento de máis mesas das autorizadas na vía publica e en lugares non autorizados, deixar libres espazos para o paso de viandantes ,entre outras moitas.E incluso non se tramitan sancións imposatas pola Policía Local .

A convivencia ciudadana e a boa imaxe do concello cara os visitantes , requiren o cumplimento das normas consensuadas e establecidas para acadar este obxectivo.É responsabilidade dos cargos do goberno municipal garantir isto e dos funcionarios da policía local actuar de oficio cando observen anomalías. Ninguén quere pechar as terrazas nin perxudicar ao sector hosteleiro .Só pretendemos que se garantice a convivencia na ocupación do espazo público.

Asinado: Bernardo García. Concelleiro de Alternativa Veciñal.