O concello do Carballiño perde outra posible subvención, outra máis.

27, Marzo 2017

A Secretaría Xeral de Cultura da Xunta de Galicia puxo a disposición das bibliotecas públicas a posibilidade de mellorar as bibliografías das bibliotecas municipáis integradas na rede de bibliotecas públicas de Galicia para o ano 2017. Dita convocatoria é do 22/12/16 e a súa resolución do 20/3/17 evidencia un fracaso máis da xestión municipal en canto a xerar axudas doutras administracións por parte, neste caso tamén, do concelleiro de Cultura.

Da lectura da resolución, resulta que se presentaron 51 solicitudes de Concellos con biblioteca de toda Galicia, das cales foron admitidas 44 e rexeitadas 7 e en ningunha delas volve a estar o Carballiño, pois ao non terse feito solicitude é imposible estar nelas.

A solicitude, según a concedida a Concellos de semellante tamaño ao noso podería ser de 4.000 €, que de seguro, podería servir para incrementar a base bibliográfica da nosa biblioteca.

A perda desta subvención, debemos de xuntar á anterior perda para actividades na biblioteca, e xuntar á non xustificación doutras concedidas, xuntar que en 2 anos non foi capaz de conquerir persoal con preparación específica para a biblioteca, xuntar a tardanza en sacar convocatoria de subvencións municipais, xuntar a mala xestión da resolución das subvención, xuntar que non convocase as comisións de informativas necesarias, e xuntar tamén o desplante soberbio que lle fai a Cine Clube referida a actividade “Cinemas de Galia”, todo esto,entre outras cuestións.

Dende o Partido Popular do Concello do Carballiño, Pediremos formalmente ao Alcalde, ao cal facemos responsable da situación dende agora xa que non pode seguir mirando para outro lado sen ver a perda de recursos que que este concelleiro está a xerar, que lle saque atribucións de cultura ao concelleiro Diego Fernández Nogueira, ou ben se llas mantén, solicitaremos a retirada do seu soldo de dedicación, para que lle sexa transferida a outro concelleiro/a que o defenda mellor.

Asinado: Grupo Municipal do Partido Popular no concello do Carballiño