O desexado PXOM...Piñor-Maside

27, Febreiro 2016

Parabéns, veciños de Piñor.  Xa tendes unha regulación urbanística do voso concello como Dios manda.

De verdade podédesme creer que vos envexo (descoñezo se a envexa pode ser sana ou sólo interesada). En todo caso, mírovos dende o meu querido pobo, e considérovos cidadáns afortunados. Pregúntome se eu, pobre habitante de Maside, chegaréi algún día a poder disfrutar da seguridade xurídica que supón ter un instrumento legal desa naturaleza; se algunha vez os masidaos saberemos a qué aternos nas cuestiós urbanísticas; se dunha vez por todas se acabará o de gobernar a golpe de modificación puntual.

Así mismo, qué bo sería que quen queira construir  en Maside, non tivera que pasar polo concello, a pregar ó alcalde ou algún dos seu concelláis.

Que se rematara co tan socorrido "Ti vai facendo que xa arreglamos despóis"

E por suposto, sería estupendo que algún día a actividade económica se vira impulsada pola determinación legal de solo industrial, e que as empresas, axentes xeradores de emprego, poideran tamén participar desa seguridade xurídica. Que tiveran claro dende o principio onde e en qué condicións se poden instalar dentro do término municipal.  De esta maneira, nunca máis teríamos que ser noticia os masidaos por proxectos empresariales 

que, por ser legalmente inviables, ademáis de auténticos despropósitos,  

provocan a polémica e as posicións enfrentadas, como recentemente ocurríu coa aparentemente abortada instalación de incineración de neumáticos.

Plan Xeral de Ordenación Municipal é sinónimo de crecemento, desarrollo, poboación e progreso.

O dito veciños de Piñor  ¡Quen poidera ter a vosa sorte!

De tódalas maneiras, dende aquí quérolles enviar o meu alento ós nosos gobernantes de Maside porque parece que lles está costando.  Ánimo alcalde e compañía. Pode que algún día. Xa faltóu máis. Total solo van algo máis de oito anos. Non perdamos a esperanza.