O disco raiado do PXOM de Maside

5, Xaneiro 2018

Hai que ter a cara de cemento armado pra vir agora coa eterna cantinela do PXOM.

Recapitulemos: Un partido que estivo no poder durante 16 anos, o PP, non foi quén de desenvolver o PXOM. O actual goberno, o PSOE, prometeu que faría o PXOM en seis meses, e resultou ser un conto chino.

Pero o máis simpático é que o PP foi, é, e será o mellor cómplice para que o PXOM de Maside non acabe de chegar. Estes que se queixan das modificacións puntuais, votaron a favor delas nuns casos, noutros casos abstivéronse, e noutros votaron en contra. É dicir, o PP foi a tarabela o son do vento do PSOE. Participou no cambio de estampiñas que lle propuso o PSOE pra votar a favor de certas modificacións puntuais, polo tanto, vir a queixarse delas, é ter unha cara de cemento armado, ou non ter nin idea do que se fala.

Por suposto que o PXOM é unha norma fundamental pra o desenvolvemento de Maside. Pero é ridículo e patético que quenes tiveron 16 anos pra desenvolvelo, e preto de outros 12 de oposición acaudillada polos mesmos que non foron capaces de desenvolvelo, veñan agora coa cantinela do PXOM, tendo en conta que votaron a favor de moitas das modificacións puntuais das que tanto se queixan. Se non crees nas modificacións puntuais e crees nun PXOM, o que marca o sentido común é votar sempre en contra das modificacións puntuais e traballar a favor do PXOM. Pero pouco sentido común se lle pode pedir a aqueles cuxa máxima preocupación é que o Sr. Alcalde non lle pon os plenos os mércores, por moito que se disfracen de coplistas ou copleros de escasa calidade literaria.