O Grupo de goberno do PSOE entende por aforro desatender a seguridade e operatividade dos brigadistas

21, Xullo 2015

O Grupo Municipal Popular do Concello do Carballiño, solicita do Alcalde do Concello do Carballiño, respecto As brigadas de extinción de incendios se tome en consideración a seguinte PROPOSTA:

Sendo que xa se ten posto a disposición do servicio de loita contra o lume, en base ao convenio asinado entre o Concello do Carballiño e a Xunta de Galicia, dúas brigadas compostas cada unha por un capataz, un chofer e 3 operarios, faise imprescindible que a seguridade dos operarios esté sempre garantida, ao igual que o operativo que en calqueIra momento estes equipos humáns teñan que realizar.

Estamos enterados, pois é un asunto visual e fácilmente detectable, que para estas dúas brigadas se ten contratado 1 solo vehículo todoterreno.

A orden pola que se facilita a subvención é clara cando di no seu punto 7: “dotar a cada brigada dun vehícuilo todoterreo….”

Estase a incumplir a orden en canto que se ten na actualidade 1 solo todoterreo para as 2 brigadas.

Esta circunstancia que en principio ten como punto máis importante que pode entorpecer labores de extinción de incendios pois de ser un incidente de grandes magnitudes poden ser requeridas polo distrito forestal de zona as dúas brigadas á vez, sendo imposible a utilización simultanea de 2 brigadas nun só vehículo, incluso en caso de cambio de turno, durante un incendio, suporía un tempo considerable sin brigada no punto de traballo, para poder facer o cambio de vehículo entre elas.

Ademais estase en risco evidente de non cumprir co estipulado nos condicionantes do convenio, polo que, se podería perder a subvención que leva implícita.

Durante o ano 2013 se gastaron por medio da subvención 13.380€ e no 2014 foron 14.809€, para a formación, equipación (EPIS e desbrozadoras) e vehículos (2 unds) para o tempo de duración das brigadas. Este ano prescíndese dun dos vehículos e pola información que temos parte da equipación utilizase a do Concello.

O convenio existente este ano, é similar a dos anos anteriores, polo que si outros anos se pudo atender perfectamente o exposto no punto 7 do convenio “dotar a cada brigada dun vehículo todorreo,,,”, este ano debería de ser igual.

 Ante o exposto E POLO QUE SE PROPÓN:

De forma inmediata se dote doutro vehículo todoterreo, para que cada brigada contratada teña a súa disposición de forma continua este tipo de vehículo tal como marca a norma, garantindo así a seguridade dos traballadores, un eficaz traballo de cada brigada na extinción de incendios, e garantir que non se perda a subvención.