O "modelo" Fumega, discutido e discutible

5, Abril 2017

Sr. Fumega, estiven escoitando a súa entrevista de hoxe na Cope. Non vou entrar no resto da súa propaganda e autobombo, limitareime a falar do que vostede denominou un modelo discutible en relación aos convenios de colaboración social.

E teño que decirlle que amosa vostede unha ignorancia radical con respecto a estes convenios. Cando vostede di que é a Xunta a que envía o que vostede chama traballadores, e que realmente son desempregados que cobran prestacións, minte vostede. Minte vostede por ignorancia ou por vontade de engano. Mire Sr. Fumega, a oficina na que vostedes presentan estes Plas de colaboración social, é o mesmo tempo Servizo Galego de Colocación (dependente da Xunta de Galicia), e SEPE  (Servizo de Emprego Público Estatal, o que era o antigo INEM). Non sei se vostede está ao tanto, pero vostede ten que solicitar estos Plas ao SEPE, e non ao Servizo Galego de Colocación. Non sei se vostede está ó tanto pero cada un destas institucións teñen o seus funcionarios diferenciados. Non son o mesmo, e vostede solicita estes plas ao director da oficina do SEPE,que é a mesma persoa que a do Servizo Galego de Colocación, , pero esta persoa cando lle manda os desempregados para que vostedes os elixan pra realizar eses traballos está actuando como director do SEPE, polo tanto non é a Xunta de Galicia quen lle envía estes traballadores. Se non lle queda claro esto, non estaría de máis que consultase un pouco de lexislación.

Esto que vostede chama  un  modelo discutible (lémbranos a Zapatero cando decía que o concepto de Estado era un concepto discutido e discutible), realmente é unha auténtica chapuza. Mire, imaxine que cando a recadación se remunicipalice, a empresa que a leva, por ter menos carga de traballo despide a traballadores, e unha das traballadoras despedidas é a súa dona que pasa a cobrar o paro. Imaxine que o novo alcalde pide estes Plas (os traballadores que son enviados polo SEPE pra entrevista non poden negarse, volve a mentir), e é a súa dona a que elixe o Concello despois de realizar a entrevista ¿Chamaríalle vostede modelo discutible?

Outra cousa, non comparar cos obradoiros de emprego. Non teñen nada que ver. Eso sí que é un proceso no que intervén o Servizo Galego de Colocación. E hai moitas diferencias, establécese cos traballadores (estes deixan de ser desempregados) un contrato de aprendizaxe, a seguridade social págaa ao 100% a Xunta de Galicia así como os salarios. A celebración deste contrato interrumpe o cómputo e o pago das prestacións tanto contributivas como non contributivas, que estes traballadores seguirán cobrando o rematar o obradoiro de emprego. É un modelo que efectivamente pode ser discutible, pero está a anos luz das colaboracións sociais. Non as confunda vostede porque nada teñen que ver. Este modelo forma parte das políticas activas de emprego transferidas as CCAA que teñen transferidas competencias en emprego. Pero o outro non é un modelo, é un RD socialista de dudosa legalidade que nada ten que ver co emprego, senon co desemprego. Se vostede fai unha aposta ambiciosa e decidida polo desemprego, sen dúbida as colaboracións sociais son o modelo axeitado pra vostede.