O Movemento Veciñal do Carballiño

27, Xuño 2015

Resulta alo menos curioso que, despois das eleccións, non se volvera falar da candidatura "veciñal" do Carballiño e do seu "éxito". Claro que se falou algo dos resultados, posibles acordos, etc. pero do que nada se dixo fio do feito de que, en todo o País, estas candidaturas tiveron un destacado papel nos resultados electorais, acadando incluso as alcaldías de cidades como Santiago e Coruña e con grande representatividade en outras como Ourense. En cambio, no Carballiño  e como era de esperar, saiu elexido quen todos xa esperaban o que fixo desa "candidatura veciñal" un dos maiores fracasos de toda a Comunidade. Moita xente a traballar nunha candidatura da cal solo se aproveitou o único profesional da política de toda a vida e ninguén dos que pensaban ser as "novas revelacións" da política carballinesa. Tal vez por isso mesmo o resultado electoral teña sido tan mediocre e teña deixado en en evidencia una vez mais que, "desde os tempos de Adán uns quentan o forno e oturos meten o pan".