O Pleno velutínico pa cando ¿Onde está entón a urxencia?

15, Agosto 2019

Escoitada a entrevista do voceiro de PP de Maside na que tentaba xustificar a urxencia dese Pleno extraordinario, e toda vez que di que o ano pasado xa había problemas cas velutinas, e que o Obipado xa seleccionou a empresa para arranxar as pintadas ¿Onde está a urxencia?

Con respecto ás velutinas. Se o ano pasado había este problema, e sabendo que a competencia da loita contra a avespa velutina é de Medio Rural ¿Cómo é que non pedira este Pleno o ano pasado, habida conta que xa leva casi que tres anos sendo o candidato do PP de Maside? (Supoño que pedirá este Pleno para criticar a nefasta xestión de Medio Rural no tema da velutina porque é a súa competencia, e agardo que incida nesta liña cando estemos na campaña das autonómicas).

E se o Obispado xa encargou a empresa, e xa non hai problema con quén paga cada parte ¿Onde está a urxencia? E se é o Obispado quen xestiona os traballos de restauración ¿A qué ven debatir este tema no Concello? ¿Qué ten que ver o Concello co Obispado? Se ten tantas presas agora, que llas meta ao Obispado. Non sei, eu penso que este home quere dar a nota nestas festas.

Outra cousa curiosa é que diga que é novato, e que por outro lado diga que no ano 2017 sacara non sei que nota de prensa ¿Canto tempo necesita para pasar de neófito a iniciado? Aysssssssss, moita presa para dar a nota, e pouca para deixar de meter a pata fastidiando o normal funcionamento da vida dos demáis.

Rogo que se este medio ten información de cando se celebra o Pleno a publique pra poder asistir. Os masidaos carecemos de información "ex ante" de cando se celebran os plenos. Non sae publicado en ningún sitio, e se non vamos cada día ao Concello a mirar o taboeiro de anuncios é imposible saber cándo se celebran. A páxina web do Concello ten valor nulo a éste e outros efectos (por intereses).