O valiosísimo Alcalde de Cenlle
Querido Xan Pinal, falando con un vello conocido souben da existencia da túa páxina para contar públicamente os problemas dos veciños que coma min, vivimos en pobos pequenos e falar alto ¡é pecado!.Direiche que vivo no concello de Cenlle, un concello do rural, pequeno, pero eso si, con pobos de Primeira Categoria e con "outros pobos"........No caso meu, vivo "nos outros pobos", pois ben o caso que che quero contar ten de
protagonista a Don Asfalto (ese ben caprichoso que soamente é de calidade nos pobos de Primeira Categoria do concello de Cenlle), non sabemos moi ben por qué pero Don Asfalto nunca quere chegar "os outros pobos" do Concello..........., e cando chega (cada vez que hai eleccións), é mais ben pouco, non vaias pensar que cubre a carretera, non,non, ........, soamente cae nos buratos o condenado e non en todos (non vaia ser que quede pouco presuposto para os pobos de Primeira Categoria, igual queda algún burato detrás do balado dalgún amigo e derrama o calzado). Bueno, queria sin mais pedirche que lle deas as gracias persoalmente a Don MANOLO e a súa corte polo terrible esforzo que fai polos "outros pobos" e as suas carreteras, pero
dille que cando vaia pedir o voto que teña coidao cos buratos, o seu coche merece ser coidado, os nosos dan igual, para eso o noso imposto de circulación, é dirno de un pobo de categoria, e aproveita tamén para
decirlle que non me tome moito en conta porque aunque "os outros pobos" , todos pensan coma min, ningún fala, máis que nada pola revancha do ZORRO.....