O voto do pánico

28, Maio 2019

Este domingo vimos de ver unhas eleccións como nunca antes se viran na comarca.

Un Francisco Fumega debilitado fai escasamente dous meses pola escisión provocada por Manuel Vázaquez, "Pachi" Vázquez, e polo abandono de militancia e abandono do grupo municipal de tres concelleiros afíns a este último, vimos como acdaba unha maioría absoluta.

¿Como pode ser que en oito semanas, un PSdG-PSOE do Carballiño moribundo e un señor alcalde que levou máis de tres anos de escasa xestión visible de adianto, acadasen esta maioría?

A interpretación dos datos e do resultado electoral, deixan entrever que a xente, non só o electorado socialista e afín a Paco Fumega, votou en clave de branco ou negro. É decir ou Pachi ou Fumega. Sin deixar marxen de maniobra posible as outras cinco candidaturas que se presentaban. E tal foi así que agas o PP encabezado por Ricardo Perea que aguantou malamente a embestida ciclónica da aparición de Espazo Común de Pachi Vázquez, o resto de listas quedaron fora do taboleiro. A desparición de Alternativa dos Veciños e a obtención de unha acta municipal do BNG por un marxen mínimo son mostra evidente de isto. Ciudadanos e Compromiso de Galicia nin estaban nin se lles esperaba.

A previsión pois parecía cando menos dual e clara: ou Pachi ou Fumega. E o pobo é soberano. Colleu a opción menos mala. Non porque o interprete eu así. E que o reconto electoral e esa maioría con nove actas corporacionais sobre dezasete, fronte a tres de Espazo Común, así o demostran.

E os daños colaterais de esta loita, por que os hai e os vai haber, xa empezan a verse. O primeiro, o portavoz do BNG, Chema Ferreiro. Dimite onte anunciando que non tomará posesión da súa cadeira municipal, e faino corresponsabilizándose dos malos resultados da súa agrupación. Uns resultados que pese a ser baixos non se lle pode atribuir a el só esa situación. Xesto nobre e sobre todo coherente para un dos mellores políticos que tivo este concello.

Outro daño colateral, a desaparición de Alternativa dos Veciños. Bernardo García e a súa lista, bueno, mellor dito, Bernardo García e dous afíns a el, non derón chegado a xente. E non por falta de traballo, que si deixou constancia de ilo nos plenos, sinon por que non se lles veu casi nada na campaña. Unha magoa a non representación de esta candidatura en este novo mandato. Tocaralle aire novo, tal vez siga Bernardo García o exemplo de Chema Ferreiro e entone o mea culpa, ao igual que as outras dúas listas que quedaron fora. E con ilas sigo. Ciudadanos. Quedoulle claro ao señor Jorge González e aos seus que non facer campaña e pretender vivir da marca Albert Rivera no entramado municipal era misión imposible. Unha pena que un partido de corte tan transversal quede sin representación. Esperemos renovación de dito proxecto e que se busque un modelo de programa que atenda as necesidades propias de un concello coma o noso. E por último, da lista de daños colaterais quédame nomear a señora Rosa Morgade e a súa lista de Compromiso de Galicia. Pouco se pode facer frente a titanes como Pachi Vázquez e a forza de un PSOE en auxe. 

Xa deixo para o último de esta reflexión miña, ao PP encabezado por Ricardo Perea. Increible que baixase de cinco actas. O caladoiro de pesca de Espazo Común foi claramente tanto no electorado da esquerda como da dereita. Talvez aquí os populares tamén lanzarona coñecer un candidato novo e sin pasado político con pouco tempo de antelación, e mesmo a lista non era tan potente e con tanta potencialidade como a de fai catro anos. Unha víctima menor, dentro do que pasou realmente, o PP. 

Pois visto o visto e analizando o contido do acaecido este domingo, queda claro que quedan catro anos de futuro socialista no Carballiño. Gobernará Paco Fumega con maioría absoluta. Con maioría cómoda. Unha maioría que lle permitirá deseñar políticas e presupuestos ao seu parecer, buscando o benestar dos carballineses. A irrupción de Espazo Común no taboleiro municipal é dende logo a única explicación de que un Francisco Fumega e un PSdg PSOE tocado de morte e agonizante, rexurdira como ave Fénix das súas case palpables cinzas políticas.

Unha sorte para O Carballiño ver rexurdir con forza o socialismo máis visceral de esta agrupación. Un socialismo necesario e esperanzador.

Noraboa a Francisco Fumega e a toda a súa equipa comprometida co Carballiño.

 

Emilio "Milucho" Abeledo Otero.