Obradoiro de Emprego
Escribo este tema para expresar a miña queixa ante as sospeitas máis
que fundadas de que as prazas para o obradoiro de emprego que comeza en
decembro están máis que dadas. O pasado venres día 2 de novembro anunciose
a creación dos obradoiros de emprego...o luns día 5 de novembro fun a
primeira hora a oficina de INEM para apuntarse e cal é a miña sorpresa
cando me dixo a funcionaria que as listas xa estaban completas. E eu pregunto
como pode ser iso se o venres pasado o INEM estaba pechado por ponte e
oficialmente ainda non se publicou o proceso. Pecharon as listas antes de
abrilas? Unha vez máis asistimos a pucherazos e procesos pouco transparentes
neste tipo subvencións. E nistes tempos nos que o traballo e a formación
escasean que aínda teñamos que aturar estas mamandurrias.