¿ Onde mandamos xogar os nosos nenos ?

24, Xuño 2011

Acabo de ler na Region que alguns comerciantes estan molestos co xogo 
da pelota dos nenos na praza maior e eu entendo perfectamente e tamen que ali 
esta algunha xente maior descansando, pero preguntome eu enton para onde 
mandamos os nenos porque molestan en todos lados. Na alameda tampouco poden 
xogar porque a pelota vaise para o parkin e senon para a carretera, na pista 
solen estar os maiores que non deixan xogar os pequenos e ademais tamen lle 
molestan as terrazas que estan ao caron, na praza das monxas tampouco poden 
xogar porque tamen esta a xente descansando nos bancos e tamen molestan,  ¿e 
enton para onde os mandamos?.