Os 3 desaparecidos do Obradoiro de Emprego

5, Febreiro 2020

Ando anodadado e dandolle a cabeza sobre o tema do obradoiro de emprego que seica por culpa dun erro do Concello do Carballiño non vai a ter lugar. Xa lle ronca que un Concello con tanto persoal traballando perda a oportunidade e por ende lle la faga perder a outros de formar e de ter ocupadas a máis de 20 persoas.

É tamén dificilmente explicable que sexan os partidos políticos da oposición os que saquen o tema a luz, e que en lugar de esclarecer o Goberno Municipal do Carballiño minta t se agoche tras unhas escusas que nin veñen ao caso. 

O que xa me parece increíble e que os outros 3 Concellos prexudicados, non tomen cartas no asunto e estén calados como si tamén fosen culpables de algo. O son? Porque francamente veciños de Maside, Boborás e San Amaro perderon a oportunidade de formarse e tamén de gañar uns cartos grazas a inoperatividade do funcionario de turno, e que ninguén de a cara por eles é bastante reprobable. Onde están que non falan? onde andan que non amosan o que debería ser un notable cabreo? 

Os de San Amaro nin están nin se lles espera, o de Maside andará mirando as musarañas e a de Boborás andará a ver que inventa. E mentres os beneficiarios dos plans formativos, sin explicacions nin posibilidades.