Os bálsamos de fierabrás

9, Abril 2023

Nada, que me chama un do PSOE e bótame unha bronca tremenda porque di que o convenio contempla a donación. Está ben, quedo máis tranquilo pero o resto do marrón urbanístico segue tal cual. Di que teño algo persoal contra o alcalde, e ben sabe o propio alcalde que non é así e que me cae de PM.

Pero semella que teñen unha ansia por facer colección de ilícitos urbanísticos. Non entendo ben as gañas de complicarse a vida. Este sería o terceiro ilícito urbanístico da colección. Vexamos dous.

A primeira foto é esa gran doación (o mamotreto de ladrillo). Habería que derribar a parte de enriba (gastos para o Concello), e facer importantes investimentos, non sei moi ben se a entidade bancaria correría cos gustes de segregación do inmoble.

Así mesmo temos outro ilícito urbanístico, construido polo propio Concello que invade unha rúa contemplada pola norma subsidiaria. é o da segunda foto.

Aquí tamén podería ir vivenda social.

E pra Bibiloteca pública e sala de informática anda que non sobran espazos sen necesidade de ter que coleccionar máis marróns urbanísticos.

Tampouco está ben facer esperar tanto ao propietario do inmoble perxudicado, que ademáis de levar máis de sete anos sufrindo os danos, unhos bromistas lle secuestraron o gato, polo feito de facer unha protesta máis que lícita.

En definitiva, este convenio parece convir máis á entidade bancaria que ao Concello. A entidade bancaria, actual propietaria, sae de rositas, sen gastos, e o Concello asume todo. Un planazo, a pedra filosofal que convirte ladrillos en ouro.