Os bolardos do futuro

22, Febreiro 2018

Acordeime o outro día da denuncia pola veracidade das noticias nun xornal da provincia publicada fai pouco tempo. Acordeime cando lin no xornal que se colocarán uns bolardos con chave ou mando electrónico para os veciños na peatonal rua Perfectino Vieitez para solucionar o problema do tráfico fora das horas autorizadas.

Calquera que lea a noticia do Carballiño dariase conta de que non foron colocados os bolardos nin houbo obras nesa rua na semana pasada. Digo que calquera sabe que non se colocaron, menos os do PP do Carballiño, que na sua páxina de Facebook criticaban e poñian o enlace da noticia do xornal que se habían colocado os bolardos e que xa desapareceran, mais ben din, pois si que duraron ben os bolardos...

Pois si que estamos ben Sr. Marnotes, se lle fai caso a todo o que aparece nese xornal.

A realidade é que as obras empezaron hoxe e os do periódico se adiantan o futuro. Maña igual nos chega o AVE a Ourense ou nos empezan a construir o famoso PAET.

O peor é que os partidos da oposición lle dan máis crédito o que len nalgúns periódicos que  os comunicados do Concello, pero que seguro que pedir perdón desde o Facebook tampouco o fan.