OS CAZAVELUTINAS

3, Xullo 2019

O motivo da presente é a de tentar concienciar a dous irresponsables que ándanse a vender como expertos exterminadores da avespa velutina. Resulta que este fin de semana retiraron un niño nunha casa particular. Ata aí todo ben, non cobraron nada polos seus inavaliables servizos, pero marcharon sen máis e non fixeron un seguemento do resto das avespas que non estaban no niño.

O resultado é que o resto dos veciños, incluso a día de hoxe mércores, nos atopamos con desagradables sorpresas coas avespas que non estaban no nido entrando nas nosas casas moi desorientadas e con bastante mala leche.

Rogo que se algúén atopa un niño de velutina non chame a estes presuntos expertos, e chame ao 012 para que o retiren con auténtica profesionalidade e con responsabilidade. Porque coñecen estes irresponsables que á hora que retiraron o niño máis do cincuenta por cento das avespas andaban á procura de comida das pupas ou larvas que é o único que retiraron con efectividade???? Coñecen que un niño pode ter preto de 1500 exemplares???

Deixádevos de politiqueos baratos e amosade un chisco de cerebro e responsabilidade. De momento non mencionarei nin o territorio nin os persoeiros.