Os choriqueos de Fejóo e o PP do Carballiño

5, Outubro 2019

´Resulta que no último Pleno do Carballiño o PP presenta unha moción para que o Estado lle transfira á Xunta as partidas pendentes, pero o curioso é que non piden que o Estado lle tranfira as partidas aínda pendentes da era Rajoy, nin cando estaba Rajoy pedían as partidas que non chegaban. Ademáis Perea recoñece que é o partido de Feijóo quen obriga a todos os concelleiros do PP a presentar como moción estes choriqueos.

Podemos ver o Pleno íntegro aquí https://www.facebook.com/carballinotv/videos/2356331421088982/?__xts__[0...

Pois ben, xa que o PP emprega os concellos de Galicia pra facer política estatal cando están próximos os comicios, eu, como galego tamén quero mandarlle unha mensaxe a Feijóo.

No ano 2009 Galicia debía 4.859 millóns de euros, o 8,60% do PIB, 1.752€ por cabeza. No ano 2019 Galicia debe 11.685 millóns de euros, o 18,30% do PIB, 4.247€ por cabeza. En 2009 non lle debiamos nada ao Estado e agora debémoslle case que 6.117 millóns de euros, unha vez descontadas esas partidas pendentes de recibir polas que agora choriquean os do PP.

No ano 2017 e remítome a esta data porque tamén estaba Rajoy, o PIB per capita español foi de 25.000€ mentres que o galego se quedou en 22.497€. En 2017 a nosa taxa de paro foi do 14,7%. Hoxe, en plena suposta recuperación, retrocedemos ao 15,1%, sendo as máis castigadas as mulleres -16%- e a xente nova -36,5%-; máis dun punto por riba dos datos de 2017. No ultimo barómetro sanitario do CIS de Rajoy no que aínda non facía das súas Tezanos, a sanidade galega obtiña un 6,49, quedando só por riba de Ceuta, Melilla, Canarias e Andalucía e por debaixo da media estatal: 6,68. A pensión media galega sitúase nos 794,16 euros, hai once anos era a segunda máis baixa do Estado e hoxe ségueo a ser.

PREGUNTA PARA FEIJÓO E OS DO PP DO CARBALLIÑO: ¿Cómo puido medrar tanto a débeda e para qué  medrou nestes anos se o único que fixemos foi recortar masivamente no gasto en sanidade, en educación ou en políticas sociais?

Parabéns a Espazo Común e BNG (a única oposición que existe no Carballiño). O PP diu unha imaxe lamentable. Limitouse a ser palmeiros da propaganda de Feijóo, e a estar a favor dos postulados do goberno local. A negativa de remunicipalizar servizos coa connivencia PPSOE será algo sobre o que tomaremos nota. Reflicte a nugalla de políticos cómodos que son incapaces de xestionar o público, e se limitan a privatizalos.