Os de Maside tamén sabemos o que se coce entre bambalinas

5, Febreiro 2018

Teño que felicitar aos do PP de Maside, porque por fin xa teñen o que tanto ansiaban. Xa teñen os plenos os mércores: Os veciños teremos que estarlle plenamente agradecidos por acadar tal xesta que redunda tan beneficiosamente no interese xeral.

Agora din que non lles dan documentación e que van a tomar medidas moi serias. E din que os do PSOE pensan que os concelleiros do PP non saben o que se coce entre bambalinas. E pra decir tan pouco, meten un tostón que non hai quen trague.

Eu, como veciño de Maside, teño unhas preguntas para os do PP ¿Sabedes vós o que se coce entre bambalinas? ¿Pensades que os veciños non sabemos o que se coce entre bambalinas? Déixovos aquí un enlace para que reflexionedes https://elpais.com/ccaa/2015/01/17/galicia/1421520980_577485.html

Unha vez leido o enlace é vosa misión explicar á sociedade masidá unha serie de cuestións. Por qué tendes un candidato, un ex candidato, unha voceira, e un presidente. Podedes ver que unha empresa masidá levou a adxudicación da Deputación por valor de 2.5 millóns de euros en medio ano ¿Ese é todo o voso proxecto político? Pola outra banda, se non vos interesa contestar estas cuestións, sempre podedes facer esas coplas de tanta calidade literaria.

En fin, peperos de Maside, podedes seguir coas ridículas ameazas de tomar medidas moi serias, e con vosas fantasmadas. Pero non esquezades unha cousa: Os de Maside sabemos o que se coce entre bambalinas, e por moito que querades disfrazarvos, e por moito que poñades novos monicreques pra maquillar o que se coce entre bambalinas, os de Maside, parvos non somos.