Os espazos dos rapaces

8, Agosto 2013

O fútbol praia na pista roxa é unha actividade que se viña
desenvolvendo con moita participación dos rapaces dende hai anos. Este ano
semella que non vai ser así. Se deixamos aos nenos sin os poucos espazos que
teñen para xogar ou practicar deporte non lles quedan moitas opcións.
Protestamos porque molestan nalgúns sitios pero non temos reparo en
invadir o seu territorio cando nos peta. Esta vez para montar unha feira de
colchonetas agora que temos o Setembro aí á volta.
Eles tamén merecen o noso respecto.