PAET "Mundín" xa!

5, Febreiro 2018

En primeiro lugar felicitar o comentario doutro cidadán en relación o AVE no Carballiño. Non hai absolutamente nada que dicir en contra. Eu penso de igual forma. O meu comentario vai polo mesmo asunto e como o escribín antes de lelo vouno publicar igualmente, haber si publicando comentarios por xente de a pe os políticos de todos os partidos empezan a facer política con sentido común, que é o que empregamos a xente da rua no día a día, tanto na familia coma no traballo.

Mi madriña co Sr. Marnotes. Quere que o Concello solicite a Fomento un estudo da viabilidade dun PAET no Carballiño na liña do AVE, non vaia ser o caso que Fomento non a faga porque non a solicitamos. E todo porque saiu a noticia nos medios dun comunicado da resolución dun estudo para un  PAET en Lalín que seguramente foi solicitada en tempos do Sr. Cuiña (Pai) e inda sae agora.

Estamos no 2018 e inda non circula ningún tren AVE pola liña de alta velocidade e na mentres non se remate a totalidade da liña ca meseta non vai circular ningún. A distancia da liña AVE dende a Estación de Ourense a Santiago e de 87,1 Km pretende que os trens paren a recoller pasaxeiros en Carballiño e en Lalin. Xa teño ido en tren Avant dende Ourense a Coruña e cando pasa polo polígono industrial do Carballiño inda vai a +-175 Km e acelerando e non colle a máxima velocidade  ata altura de Lalin +-230 Sabe vostede cantas paradas intermedias ten o tren Ave na Liña Madrid Barcelona (659 Km) pola que tamen fun: 4 en 659 km de recorrido Pretende vostede ter un AVE ou un metro con paradas cada pouco. Son cousas ben distintas.

Ainda que se xuntarán todas as constelacións do universo nin sequera hai espazo físico na liña para facer iso. A liña do AVE pasa polo concello polo viaducto de Pol ( de triste recordó durante a sua construcción) e polo túnel  dende ese viaducto o viaducto que vai por encima da carretera Ribadavia-Cea. O único espazo libre entre a boca dese túnel e o viaducto é claramente insuficiente para facer o desdobramento de vías que hai nun PAET. Eu, sonlle de Mundín, e tamén me gustaría un PAET e poder subir o tren para ir ver o Depor e temos máis espazo ali ca vostede no Carballiño.

Sexamos sensatos e realistas dunha vez por todas.

Por tolerias de políticos coma vostede despilfarramos os cartos de todos, por mirar o ben dun ou duns poucos e non o da maioria, por ideas de políticos asi temos tres aeroportos en Galicia que non compiten co de Porto, non sería mellor ter un suficientemente grande en Santiago, digo Santiago por non dicir Silleda, A Estrada ou Lalin, básome en que estea ben centralizado con Galicia e ben comunicado para ir dende calquera punto de Galicia estar  en menos de 90 minutos en Santiago por autovia ou tren.

Non sería mellor molestarse e  reclamar a Fomento o que se comprometeu o Ministro Sr. Blanco cando en campaña electoral prometeu alargar o túnel dos catros camiños para humanizar a zona.

Non sería mellor tratar de mellorar o servizo de cercanías que temos, so hai tres trens para ir a Ourense. Teño un sobriño que está estudando na Escola de Arte de Ourense e non ten tren nin autobús para virse despois das clases. É normal que a xente teña que alquilar pisos estándo a 20 minutos por Autovia e a 30 polo ferrocarril estudando en Ourense?

Non sería mellor tratar de centralizar a estación de Autobuses (da pena vela, se colles o autobús a Madrid, recóllete fora na rua, tes que estar as tantas de noite fora, chova faga frio, agardando que chegue e non te despistes e faite ver que senón non para) con liñas polo pobos da comarca co transaporte ferroviario. Da penar ver o estado la liña Ourense-Santiago con todas as estación abandonadas con uns instalacions deterioriadas.

Que pasou co concurso para cambiar as carpinterías da estación do Carballiño. Quedou deserto ou qué. A obra non se fixo. Non lle preocupa iso. Para qué tal e como esta a estación…

Molestese en traer ou pedir cousas para o pobo que se necesiten e que sexan reais, viables e sostibles económicamente e non meta na cabeza a xente cousas imposibles. Nin en Lalin vai parar o tren AVE a coller ou deixar pasaxeiros nin tampouco no Carballiño. Non confunda a xente co PAET, porque os demais tamén estudamos e non somos parvos e sabemos o que é. Defeito a estación do Carballiño esta configurada como un PAET nunha liña de via simple. Non queira liar a xente co PAET para tratar de convencer que si temos un PAET igual pode parar o Tren AVE nas aforas do Concello.

Ogallá nunca pare o AVE no concello do Carballiño, porque se para, será por una avaria ou un accidente. Por iso subliño, ogallá nunca para o AVE no Carballiño.

Moléstese en facer política real e deíxese de mirar para os concellos vecinos con envexa.