¿Para cando unha moción para adherir Carballiño a rede de Transporte Metropolitano da Xunta?

8, Febreiro 2018

Como vexo que está animado o tema dos transportes na vila, parece que solo se fala do tren. Pero recordo que Carballiño está a día de hoxe fora do plan de transporte metropolitano da Xunta de Galicia.

Con Argimiro de alcalde non se quixo adherir o concello a dito plan. E agora que goberna os socialistas tampouco se considera apropiado. Non entendo que saquen mocións do AVE e sempre din nos medios que están a favor de mellores as comunicacións, pero algo tan sinxelo como dicirlle a Xunta que queren formar parte de transporte metropolitano non son capaces de facelo. Algo que e gratis e non fai falta nin negociar con ninguen. Simplemente pedilo. Ver para creer.